Bolsa de relevo de negocios

Hostalaría
Plazo límite del relevo 31/12/2024
Polo Friol

Hostel Four Rooms

Hostel-Albergue no KM100 do Camiño Primitivo, en Lugo cidade, a catro minutos do centro histórico e en pleno Camiño. Tamén estamos a tres minutos da futura intermodal. O hostel consta de 2 habitacións compartidas, con 2 baños compartidos, homes e mulleres; 2 habitacións privadas, con 2 baños privados. Capacidade entre 20 e 30 prazas, en planta baixa. Todas as estancias constan de renovación de aire automática programable, aire acondicionado frío-calor, con xestión desde o teléfono móbil e recuperador de calor. A sala de máquinas e dos equipos de climatización ten acceso desde o exterior do hostel. Cámaras con gravación en todas as zonas comúns e con acceso desde teléfono móbil. Zona de lavandería con lavadora e secadora xestionadas con temporizador e sistema de moedas. Zona de almacén. Sala de estar-cociña con microondas, tv, vertedoiro, enxoval, frigorífico, máquina café, aire acondicionado, mesa, sofá, cadeiras, etc. Caixeiro auto-venda e con sistema de auto/check-in. Xestiona as entradas e pode realizar vendas. Incorpora TPV para realizar a cobranza con tarxeta ou móbil, con escáner para documento de identidade ou pasaportes. Xera unha tarxeta/chave que dá acceso ao hostel e á súa habitación. Páxina web activa, con TPV virtual para xestionar as vendas en liña. Mobiliario e roupa de camas.

VOLVER